Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

SAÍDA POLO ENTORNO

00/00/
Array

Os vindeiros días 24 e 26 de marzo, os alumnos de 3º ciclo e 2º ciclo do centro respectivamente, participarán na campaña escolar de divulgación da cultura e o turismo mariñeiro baixo o lema “UN MAR DE CULTURA: OS NENOS E O MAR” dirixida a escolares de A Mariña e Ortegal.

Vistiarán a Cetárea, unha conserveira do pobo e o Cabo Ortegal.

Para máis información a cerca desta campaña pódese visitar a páxina:

http://www.maremasma.com/blog/

MATRÍCULA CURSO 2015/2016

00/00/
Array

Impreso de solicitude

Día de Rosalía de Castro

00/00/
Array

Para homenaxear a Rosalía , o alumnado de 5º e 6º fixemos unha composición con catro dos seus poemas:

Eu ben vir estar o moucho.

Adiós ríos.

Airiños, airiños , aires.

Eu cantar , cantar , cantei.

Podes ver a composición en youtube se premes nos títulos.

 

ENTROIDO 2015: A Luz e as Tecnoloxías Baseadas na Luz

00/00/
Array

A ONU proclamou o ano 2015 Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías Baseadas na Luz.

Dada a importancia que a luz xoga na nosa vida cotiá, decidimos inspirarnos nesta temática para a elaboración dos nosos disfraces.

Realizaremos o tradicional desfile de Entroido o vindeiro venres, 13 de febreiro.

Se as condicións meteorolóxicas o permiten, percorreremos o Paseo Marítimo; no caso contrario, festexarémolo no pavillón Municipal.

O horario será o seguinte:

  • Saída do colexio: 10:30 horas.
  • Regreso: 12:30 horas.
  • Saída: 13:00 horas.

Esperamos que o tempo nos acompañe e poidamos disfrutar desta festa!!!

Preme na imaxe se queres ollar algunhas fotos.

Carreira "Campo a través"

00/00/
Array

O venres 23 de xaneiro de 2015 está previsto que se desenvolva en Cedeira unha carreira "campo a través" na que estamos invitados a participar.

Asistirá o alumnado desde segundo ata sexto.

Hora de saída desde o colexio 10:00

Hora de chegada ao colexio , sobre as 14:00

O inicio , orde e distancia das probas a determinará a organización.

nenas correndo

Esperemos que a choiva non nos moleste :-(

CONCURSO DE SOBREMESAS

00/00/
Array

 Os gañadores das distintas categorías do concurso de sobremesas son:

MÁIS SABOROSO... "A RATEIRA"
REPOSTEIRO:  Carlos Graña Cal-  3º EP
INGREDIENTES: para o biscoito: cacao en pó, fariña, azucre, ovos, aceite e vainilla; para a mouse: azucre, nata, ovos, xelatina, leite, castañas e viño doce.

MÁIS ORIXINAL... "FROITA PARA SOBREMESA"
REPOSTEIRA: Zeltia Quiza- EI 4
INGREDIENTES: para a cabaza: mandarina e rama de apio; para o fantasma: plátano e pebidas de chocolate; para as vasoiras: queixo e paíños de chocolate e para a tumba: mouse de castaña, chocolate e biscoito.

MÁIS DIFICULTADE NA SÚA ELABORACIÓN...

"BISCOITO DE CASTAÑAS CON FOLLAS DE CHOCOLATE"
REPOSTEIRAS: Ania Rodríguez e Lúcía Vila-  5ºB
INGREDIENTES: para o biscoito: ovos, azucre, fariña, fermento e castañas e para as follas: chocolate.

Parabéns para todos os reposteiros/as polas deliciosas sobremesas que elaborastes e por compartir as vosas receitas con todos nós.

A rateira (Carlos) Froita para sobremesa (Zeltia) Biscoito de castañas con follas de chocolate (Ania e Lucía)

Grazas pola vosa participación.

Distribuir contido