Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Axudas para a adquisición de material escolar

00/00/
Array

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de facer pública a convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar.

Terán dereito a axuda as familias cunha renda per cápita familiar non superior a 5.400 euros.

Cuantía: 50 euros por alumno/a

Prazo de presentación: un mes , desde o día 2 de setembro.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude para cada un deles.

As solicitudes (formulario) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno ou alumna, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es)

O formulario para a solicitude pode recollerse no colexio , ou pode imprimirse directamente desde a web.

A documentación que hai que achegar xunto á solicitude será a seguinte:

a) Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.

Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, no día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.

c) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do ano 2013 ou, na falta desta, o certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante, cando non autoricen a consulta telemática.

d) No caso de discapacidade igual ou superior ao 33 % dalgún membro da unidade familiar, incluído/a o/a alumno/a, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia en 31 de decembro de 2013:

1º. Certificado emitido polo órgano competente.

2º. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de percepción de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou

3º. Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

e) No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

 

Descargar o formulario para a solicitude.

Máis información : http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150901/AnuncioG0164-240815-0002_gl.html

 

 

AdxuntoTamaño
axuda_material_gz.pdf109.38 KB