Apúntate ao Galego
Como ven sendo tradicional, o venres 30 de maio, levamos a cabo unha plantación nun monte comunal.
Previo a esta data, fixemos unha campaña de fomento do uso do galego para tentar darlle pulo, vitalidade e prestixio social á nosa lingua, coa creación de lemas nos que se invitaba a empregar o galego de xeito natural e espontáneo na vida cotiá.
O lema gañador: "Apúntate ao galego", o serigrafiamos nunha camiseta que, alumnos e profesores, lucimos nesta xornada festiva.