Eventos
Outro ano máis imos colaborar con Mariola Solidaria( www.csmariola.com) unha empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2024 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar inicalmente é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preescolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.
Podedes deixar as bolsas coa roupa e calzado no salón Manuel Murguía (salón de Actos do cole) desde o xoves 26 de setembro ata o 2 de outubro, xa que o día 3 recollen cedo, xa non se poderán deixar máis bolsas.
Moitas grazas.
Mañá luns, 14 de outubro, celebramos o Día das Escritoras. Data na que se pretende eloxiar e darlle visibilidade a aquelas escritoras que ao longo da historia non sempre gozaron do recoñecemento e dos dereitos para exercer o seu traballo.