Eventos
Co gallo da celebración do Día do Libro, o Concello ofrécenos para o vindeiro mércores 25 de abril, no Auditorio Municipal, ás 13:00 horas, unha actividade a cargo da Compañía Xarope Tulú.
A desfrutar do espectáculo!!!
Do 7 ao 10 de maio o alumnado de 6º de EP realizará unha viaxe a Madrid onde visitarán o Museo do Prado, Museo de Cera, Estadio Santiago Bernabéu, Parque do Retiro, Parque Warner, outros lugares emblemáticos da cidade e asistirán ao musical "El rey León" no teatro Lope de Vega.
Preme na imaxe para ollar máis fotos.
Para rematar a celebración da Semana das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Mª Victoria Moreno Márquez, o mércores 16 de maio, celebraremos o noso tradicional festival con diferentes actuacións:
|
Desexamos que pasedes un intre agradable!!!
O Consello Escolar, atendendo á Orde do calendario escolar para o curso 2017/2018, elixiu como día non lectivo o 18 de maio, polo que non haberá clase. O alumnado reincorporarase ao centro o luns, 21 de maio de 2018.
O alumnado de Educación Infantil realizará unha viaxe didáctica a Ferrol para coñecer o Xardín temático sobre a auga, Aquaciencia, e visitar o Parque de Bombeiros .
Xantarán na Área Recreativa de O Castro (Cerdido).
Desde o día 22 de maio ata o 22 de xuño de 2018 (incluído) estará aberto o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2018/ 2019
Esta convocatoria ten tres modalidades:
Participación no fondo solidario de libros de texto: Vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º de E. Primaria. Consiste na entrega nunha cantidade de libros de texto segundo o nivel de renda e a dispoñibilidade de libros. As rendas per cápita inferiores a 5.401 euros terán garantida a entrega de 6 libros , as rendas per cápita entre 5.401 e 9.001 euros terán garantida a entrega de 4 libros de texto.
Axuda para a adquisición de libros de texto: Dirixida ao alumnado de 1º e 2º de E.P.
Axudas para material escolar: Para o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E.P.
As solicitudes poden presentarse utilizando un destes medios:
- Aplicación web "Fondolibros" https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ , gardando a solicitude e presentándoa no centro ou a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
- No colexio, imprimindo este formulario ou recollendo un modelo no colexio.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO COA SOLICITUDE:
- A solicitude cuberta e asinada polo/a pai, nai, titor/a do/a alumno/a
- Fotocopia do DNI/NIE dos membros da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática.
- Fotocopia do libro de familia onde figuren os membros computables da unidade familiar (en caso de non telo, poderase acreditar con: certificado/volante de convivencia, informe dos Servizos Sociais que acredite a situación, sentencia xudicial de separación/ divorcio ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor).
- Grao de discapacidade dalgún dos membros da unidade (agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará no caso de non autorizar a súa verificación).
- Outra documentación que acredite casos de violencia de xénero, incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada/rehabilitada...
* A situación familiar e a renda per cápita familiar reflectirá os datos con data a 31 de decembro de 2016.
* Computarán como membros da unidade familiar os/as pais/ nais que teñan a custodia compartida do/a menor e os/as fillos/as menores de idade e/ ou maiores de idade ata os 25 anos que convivan no domicilio familiar.
Máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25042
INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA (3º E.P.):
Datas de celebración das probas:
23 e 24 de maio de 2018
Información de interese para as familias do alumnado de 3º E.P.:
Durante os días 23 e 24 de maio o alumnado de 3º de educación primaria terá as probas da
avaliación individualizada. Esta avaliación medirá contidos relacionados coa comprensión oral e
escrita, o cálculo e a resolución de problemas matemáticos (competencias en comunicación
lingüística e competencia matemática).
Máis información no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24784 (DOG do 26 de abril de 2018)