Skip to Content

Día Internacional da Muller!

Hoxe, no obradoiro de estimulación da linguaxe, as nenas e os nenos de 4 e 5 anos, investigamos acerca do "Día Internacional da Muller". Descubrimos que quere decir a palabra "internacional" e comezamos a falar da importancia das mulleres. 

Tras un anaco falando das mulleres: das nosas nais, das nosas avóas, tías, irmás, curmás, etc... Falamos un pouco das profesións e puxémonos mans á obra. A profe invitounos a pensar nunha muller e con tan só unha palabra tiñamos que dicir algo dela. Ó principio non foi doado xa que non nos chegaba unha soa palabra, pero despois ceñímonos ás normas do xogo e comezamos a dicir moítisimas palabras para definir ás nosas mulleres. Á medida que llas dicíamos á profe escribíaas no ordenador.

Despois chegou o momento de porse dacordo; Entre todos tivemos que elexir unha forma que as representase, a través dunha votación, bastante consensuada por certo, chegou a nosa obra.

Aquí a tedes! Agardamos que vos guste tanto coma nós.

Corazón

 

Feliz día internacional da muller!



page | by Dr. Radut