Complementarias
CARREIRA DA FRAGA
Enviado por Anónimo o Xov, 06/11/2014 - 10:39O 24 de outubro participamos na carreira campo a través co resto dos Centros do pobo.
Preme no seguinte enlace para ver as fotos.
DÍA DO LIBRO
Enviado por Anónimo o Dom, 27/04/2014 - 19:58Actividades:
1.- No salón de actos asistencia a unha presentación sobre as maneiras de ilustrar
un conto e os ilustradores máis importantes
2.- "Somos ilustradores": A partir da lectura “El bosque encantado” o alumnado
dividido en grupos ilustraron ( usando diferentes técnicas) en debuxos conxuntos
o máis significativo para cada un sobre o texto lido.
3.- "Eu leo, ti les, el le…" No salón de actos lectura individual
dun párrafo que cada un tiña preparado.
4.- "Troco literario". O alumnado cambia o traballo feito durante as vacacións
(narración, poema, relato, ilustración …) por un libro. ( Información completada
no blog da biblioteca. Visítao)
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Enviado por Anónimo o Xov, 13/06/2013 - 13:27AS NOSAS EXCURSIÓNS
· ED. INFANTIL: Visita a unha queixería a Vilalba – Viaxe en autobús - Comida e xogos na praia fluvial.
· 1º CICLO: Parque de Educacion vial de Fene- Viaxe en tren: Traxecto Ferrol-Cerdido.
· 2º CICLO: Parque de Educación vial de Fene- Cruceiro en lancha (Mugardos – Porto de Ferrol) – Visita ao museo da Natureza.
· 3º CICLO:
2º Trimestre: Visita á rotativa da Voz de Galicia - V Televisión - Estadio de Riazor
3º Trimestre: Viaxe en catamarán polo embalse de Belesar - Visita ao museo do ferrocarril de Monforte de Lemos e paseo polo cidade.
DÍA DO LIBRO
Enviado por Anónimo o Mar, 19/02/2013 - 00:27Como todos os anos festexamos este día con diferentes actividades.
Os nenos de Infantil, na biblioteca do centro, xogaron a encontrar a caixa do conto á que correspondía a tarxeta que tiña cada un. Máis información no apartado de actividades, blogue de Ed. infantil.
O alumnado de Primaria comezou coa actividade “ Cada ovella coa súa parella”. Cada neno tiña que identificar o conto que lle correspondía e logo encontrar todos os personaxes entre o resto dos compañeiros. Foi moi divertido!. Logo fixemos a presentación de todos os personaxes no salón de actos. Por último, o día 23 na biblioteca, realizamos actividades para celebrar o 150 aniversario de Pinocho. Fotos
MAGOSTO 2012
Enviado por Anónimo o Mar, 15/01/2013 - 22:27CELEBRAMOS O MAGOSTO
Como todos os anos celebramos o magosto. Pola maña xogamos cos nosos compañeiros a unha serie de xogos que nos preparou a profe de educación física... Que ben o pasamos! Á tarde, primeiramente, cantamos unha canción do outono no patio exterior do centro. Logo comemos as castañas, que nos trouxo a ANPA, acompañadas de zumos. Que boas estaban! Se queres ver como o pasamos de ben preme aquí.
TRABALLOS PARA A FEIRA DOS FUNGOS E COGUMELOS.
Un ano máis, xunto cos outros colexios do noso povo, participamos nesta actividade organizada polo Concello. Todos os nosos traballos recibiron premio destacando o que elaborou a clase de Ed. Infantil de 4 anos que conseguiu o premio para ser o cartel anunciador desta feira para o próximo ano. Fotos
HALLOWEEN
Na clase de inglés celebramos este día con actividades, cancións e xogos típicos. Adornamos a clase e disfrazámonos para crear un ambiente típico de Hallowen. A auxiliar de conversa, Cassandra, mostrounos un Power Point donde vimos como se celebra esta festa en Minesota (USA) . Con esta e a profe de inglés pasamolo moi ben! Fotos.