OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS
Este mércores recibimos no cole a visita da enfermeira de Pediatría do Centro de Saúde de Neda, Amaya, e catro das súas residentes de 1º ano de Enfermaría Familiar e Comunitaria, para dar un cursiño de primeiros auxilios ao alumnado de quinto e sexto de primaria co fin de que aprendesen a actuar ante unha emerxencia médica e adquirisen as habilidades necesarias para previr situacións de risco.
Durante preto de hora e media, cada un dos cursos, aprendeu e practicou a posición lateral de seguridade, a RCP (reanimación cardiopulmonar) tanto a adultos como a nenos e lactantes, como utilizar un DESA (desfibrilador semiautomático) e por último e non menos importante, que facer en caso de atragantamento.
MOITAS GRAZAS A TODAS!!!!!
Podedes ver todas as fotos na nosa Galería ou premendo na seguinte ligazón:
FOTOS OBRADOIRO PRIMEIROS AUXILIOS