COÑECEMOS A FÁBRICA DE XUBIA
Os nenos e nenas de 2º,3º,4º,5º e 6º de Primaria, participaron no programa que promove o Concello de Neda: "Educando en patrimonio e historia" facendo unha visita guiada á Fábrica de Xubia.
Durante a visita, guiados polo xerente da firma Galicia Textil, achegáronse ao proceso artesanal de elaboración dos tecidos así como á historia das instalacións que teñen máis de 200 anos.
Descubriron que a factoría foi inicialmente Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, fábrica de construccións de fusís e tamén de chapas de cobre coas que se recubrían o entramado dos barcos de madeira para mellorar a súa navegabilidade.
Tamén que cada día se elaboran 7000 m de tea. Estas teas, almacénanse e expórtanse a outras factorías. Para facelas, enrólase o fío no urdidor, dalí pasa á encoladora e por último á remetadora onde se deseña a estrutura do tecido.