AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021
Podes consultar toda a información relativa ás axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021, premendo AQUÍ
Tamén podes descargarte o modelo de solicitude presencial nos arquivos adxuntos.
SERÁ UNHA ÚNICA SOLICITUDE POR UNIDADE FAMILIAR E CENTRO
Requisitos:
- Estar matriculado no curso obxecto da axuda e ter devolto os libros de texto do curso anterior que foron emprestados polo sistema de FondoLibros.
- O alumnado matriculado no presente curso en 1º e 2º de EP NON ten obriga de devolver os libros de texto.
Documentación necesaria:
- Solicitude cuberta.
- Libro de familia, se recolle a situación familiar. Se non:
- Sentencia xudicial en caso de separación ou divorcio.
- Ou certificado de padrón/convivencia.
- En caso de minusvalía dalgún membro da unidade familiar, certificado correspondente
En caso de non autorizar a consulta telemática dos datos, precísase xuntar, ademais:
- Declaración da Renda 2018 ou certificado tributario de imputacións no exercicio 2018.
- DNI de todos os membros da unidade familiar.
Prazo de presentación das solicitudes:
As solicitudes poderán presentarse telemáticamente ou na Secretaría do Centro en horario de mañá
ATA O 19 DE XUÑO DE 2020.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Bases da convocatoria.pdf | 1.35 MB |
solicitude fondo libros.pdf | 1.63 MB |
Extracto bases da convocatoria.pdf | 723.18 KB |