CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS
O venres pasado, os nen@s de terceiro e sexto de educación primaria, tiveron un pequeno curso de primeiros auxilios e D.E.A. grazas á Asociación de Buceo Medioambiental "Los Delfines" de Neda coa colaboración do doutor J.R. Couce.
Ao longo de tres sesións, aprenderon RCP (Reanimación Cardio Pulmonar) , como usar un desfibrilador semiautomático, que facer en caso de atragantamento, cal é a mellor posición para colocar a un ferido deixando libre as vías aéreas,... Quedoulles moi clariño que en caso de urxencia debemos ter en conta estas tres iniciais: P A S: P de protexer, A de avisar e S de socorrer.
Aquí tedes algunhas imaxes da xornada: