SAMAÍN 2018
O pasado martes celebramos o Samaín no centro. Ademáis dunha exposición de cabazas, todo o alumnado disfrutou de distintas actividades como: xogos de lanzamento, interactivos, musicais e de percorridos; obradoiros de caroutas e monstros; curtos de medo na biblioteca e a gran atracción estrela A CASA DO TERROR, esta última organizada pola ANPA.
Así de terroríficos estabamos todos:
A que damos moito medo, non si?
Na nosa Galería podedes ver as fotos das cabazas e máis fotos da xornada:
Algúns rapaces e rapazas de 6º de E.P., atrevéronse a entrar dúas veces na Casa do Terror, a segunda acompañados do profe Felipe e da profe Carmen, así que aproveitamos para gravalos. Queredes velos?