DÍA DA PAZ
o pasado 31 de xaneiro, celebramos no centro o día da Paz. Ao longo da semana anterior, cada clase elaborou conxuntamente unha botella cunha mensaxe de paz e un peixe grande ou varios pequenos e despois individualmente, cada neno e nena, autorretratouse utilizando para pintar a súa pel "As cores da pel" ou as cartolinas de Ubuntuland. Con todos estes elementos, creamos este fantástico mural:
Sobre as dez e media, tivo lugar a emisión do programa de radio presentado por Martín e Antía de 6º de Educación Primaria, no que cada clase aportou os seus desexos de paz a través de cancións, poemas, lendas, ...
Aquí volo deixamos para que poidades escoitalo:
Despois do recreo, no patio cuberto, todos xuntos cantamos a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras:
A continuación, aproveitando o bo tempo, no patio de fóra xogamos a uns divertidos XOGOS COOPERATIVOS organizados polos nenos e nenas de 6º de EP e Bea, a profesora de Educación Física:
Coma sempre, podedes ver máis fotos do día, na nosa galería de imaxes: