SEMANA DO LIBRO
Por mor do Día do Libro que foi o domingo 23 de abril, ao longo da seguinte semana celebrámolo no centro facendo distintas actividades.
Comezamos o martes con LECTURAS AO SOL. Todas as clases saíron ao patio na hora de ler para alí ler todos xuntos:
Continuamos o mércores coa visita de Iago López que lles veu a contar aos máis pequerrechos do cole o seu conto "O COCIÑEIRO MARTIÑO":
Pero aí non remata a cousa. Continuamos o xoves co APADRIÑAMENTO LECTOR dos máis maiores aos nenos e nenas de Educación Infantil:
E xa para rematar, o mércores da semana seguinte, tivo lugar a II FEIRA DO LIBRO DA MACIÑEIRA, cada neno e nena que quixo, trouxo da casa un ou dous libros polos que recibiron uns vales para intercambialos por outros na feira:
MOI FELICES LECTURAS