Durante a segunda quincena do mes de abril, @s nen@s do CEIP Xosé Luis Taboada, con motivo da viaxe do noso profe Xabi a Finlandia, estivemos a traballar cousas relacionadas có lugar...bandeira, costumes, fala, folklore...Para iso utilizamos as novas tecnoloxías como a PDI, o ordenador, a tableta...ademáis de contos e mesa de luz.
Adaptamos o libro de Tove Janson, "A familia moomins" ao tan coñecido "O Monstro de Cores", e a través destes personaxes, traballamos as emocións coas cores...por último elaboramos un libro en inglés para que o noso profe agasallara ao alumnado do cole de Finlandia e tivesen un grato recordo da súa estadía...
Aprendimos un montón de cousas e o que é máis importante...disfrutamos coma nunca!