Os nenos/as do Ceip Xose Luís Taboada participaron recentemente cun vídeo no programa "Merenda cos Bolechas"; que se emitirá en directo por streaming o vindeiro VENRES, 23 DE DECEMBRO.
Só tedes que ir á canle oficial da TVG en Youtube e alí, nas emisións en directo, xa vedes o espazo "Merenda cos Bolechas". A participación do cole é unha parte do contido total do programa que dará comezo ás 17:00 horas. Convidámosvos a velo en directo e incluso podedes participar no chat. O programa empezará moi puntual, polo que pregamos que vos conectedes con tempo e que avisedes a toda a familia e amizades. Cantos máis sexamos, mellor!
"AS MANÍAS DE XAN" CONTA A HISTORIA DUN NENO QUE TIÑA A "MANÍA" DE FACER BURBULLAS E GARDAR OS SEUS TESOUROS DENTRO DELAS...PODE PARECER RARO, PERO ONTE QUEDOU DEMOSTRADO QUE PODE CHEGAR A FACERSE REALIDADE!!!
CONTO DA PROFE VIQUI PARA TODO O ALUMNADO DO COLEXIO...O PASAMOS...POMPA!!!