Estes días levamos a cabo varias actividades no cole relacionadas coa celebración do Samaín e Halloween.
Desde o centro propúxose un concurso de murais sobre esta temática e aquí podedes ver o resultado. Queremos agradecer a todas as familias o esforzo e colaboración, porque todos os traballos son terrorificamente xeniais!!!
Todas as nenas e nenos recibiron como agasallo unha piruleta de chocolate por participar nesta actividade:
O 31 de outubro viñemos ao cole disfrazados para disfrutar dun día cheo de actividades.
Visitamos aos nosos maiores no centro de día e alí cantamos, bailamos e ata botamos unha partida de bingo!
Xa de volta ao cole amosamos a nosa vea de artistas pintando, creando monstros e ata poñéndonos tatuaxes terroríficas.
E, por último, para poñerlle o toque doce a esta celebración, o alumnado de 5º e 6º obsequiounos cunhas sobremesas de meedoooo!!!