Skip to Content

Gran Xogo Das Letras Galegas

O alumnado de Educación Primaria, no día de onte e para rematar as actividades do mes de maio, fixeron unha actividade de divulgación "Gran Xogo sobre as Letras Galegas".

Grazas a Patricia Martínez pola implicación!!!

MENÚ XUÑO 2022

31/05/2022 10:36
Europe/Madrid

Plan Director

Onte, o alumnado de 5º e 6º de primaria recibiron unha charla por parte dos corpos de seguridade de Lugo, dentro do Plan Director, para que aprendan da importancia dun bo uso das redes sociais có fin de previr o acoso e/ou ciberacoso.

É unha formación primordial nestas idades e na sociedade tecnolóxica na que vivimos...

Aprendimos un montón!!!

Día da Familia

Có gallo do Día da Familia o 15 de maio, o alumnado de EI, coa profe Mª Carmen fixeron cadanseu mural no que plasmaron ás persoas que máis queren...quedaron ESPECTACULARES!!!

Marcelle 2022

A xornada de onte estivo adicada a desfrutar na natureza, por iso o alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada fumos a pasar o día a MARCELLE.

Aprendimos moito e...desfrutamos máis!!!

Día das Letras Galegas

@s alumn@s do CEPI Xosé Luis Taboada, adicaron toda a semana á preparación da celebración do día das Letras Galegas, que tivo como día grande o venres. 

Foi un traballo compartido e o que é o mais importante DESFRUTADO!!!

 

MENÚ ESCOLAR MAIO 2022

13/05/2022 11:44
Europe/Madrid

Apreciado un erro no menú escolar de maio, volvemos a subir o documento.

Charla Afectivo-Sexual

Onte, e aproveitando que o 2 de Maio se celebra o día contra o Bullying e o Acoso Escolar, @s nen@s aprenderon cousas sobre o seu corpo, e sobre como debemos respectar a intimidade dos demais...grazas á ANPA por esta gran iniciativa.

Excursión "Mais que Brincos"

O pasado venres, 29 de abril, o alumnado do CEIP XOSÉ LUIS TABOADA, a través da ANPA, viaxaron a Ourense, a pasar unha mañá de xogos e diversión. As imaxes falan por sí soas...

Actividades grupais na Biblioteca

Para finalizar un mes de abril cargado de actividades na biblioteca, fixemos unha actividade por grupos na que @s nen@s xogaron con xogos actuais e xogos tradicionais...queredes saber qué xogos lles gustaron máis? 

Preguntádelles e vos sorprenderedes!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut