O NOSO COLE |
AULAS VIRTUAIS E EDIXGAL 23/24 |
SERVIZOS DO CENTRO | ANPA | CONTACTO |
Temos a sorte de participar na programación desenvolvida pola AVV San Cosme de Maianca pola conmemoración do DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS. O día 7 de xuño, o profesorado participará nunha charla divulgativa da man de #RetoqueRetro, onde falaremos sobre o lixo mariño, o problema dos microplásticos nos océanos, a xestión dos residuos... Ademáis, desde o 8 de xuño, no noso centro, o alumnado gozará dunha exposición de #RetoqueRetro con obra artística a base de lixo. Por último e, desde o CEIDA, contaremos co préstamo durante un mes, dunha Maleta Mariñeira, onde haberá moita bibliografía para poder apoiar esta iniciativa. Seguro que aprenderemos moito e gozaremos destas actividades!!!! |
|||