De luns a xoves todo o centro prepara con moita ilusión a festa de Entroido que terá lugar o venres, día 21.
Durante a semana o alumnado, o profesorado e o persoal non docente goza preparando as consignas da semana que xiran en torno a estes temas:
Luns: "Cómodo como na casa quero estar, por isoen pixama ou bata vou chegar".
Martes: "Na cabeza imos poñer, algo moi digno de ver".
Mércores:"Andaremos divertidos, cos zapatiños distintos".
Xoves: "Enxoiados imos vir, para moito presumir".
Venres: Desfile de comparsas que xiran en torno ao tema dos proxectos de EI e do EDNL.
O colexio abrirá as súas portas a cociñeiros e cociñeiras, aocirco, a labregos e labregas, a pastores e pastoras, a recolectores e recolectoras da horta, xardiñeiros e xardiñeiras, a panadeiros e panadeiras,aos espanllos e aos segadores e segadoras.
Para "abrir boca" vaiamos vendo como decoran o colexio os nenos e as nenas, da man dos seus profesores e profesoras, para gozar un ano máis do ENTROIDO.
" Cómodo como na casa quero estar, por iso en pixama ou bata vou chegar"