Skip to Content

ADMISIÓN 2024/2025

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA. ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

1.- Solicitude de reserva: Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar do seu fillo/a no seu centro de adscrición (IES Ánxel Fole), deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A) que se entrgou dende o centro, dende o 15 de xaneiro ata o 05 de febreiro, ambos os dous incluídos.

- Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:

a) Entregándoa no centro de orixe do alumno (CEIP Luís Pimentel).

b) Entregándoa a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

- A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do día 28 de febreiro de 2024 e así poder participar no proceso ordinario de admisión).

- Esta solicitude de reserva ten prioridade sobre calquera solicitude de admisión para o centro de adscrición. De non participar nesta reserva perderán toda prioridade para ese centro. A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.

- A reserva adquirirá carácter vinculante polo que o/a alumno/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición (IES Ánxel Fole).

 

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS E NOVO ALUMNADO (do 1 ao 20 de marzo)

 

1.- As nais, pais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión no centro elixido utilizando o Anexo II (modelo ED550B) entre o 01 e o 20 de marzo.

 



blog | by Dr. Radut