O CENTRO |
BENVIDA AO CURSO 2023/2024
INICIO DAS CLASES.
O luns día 11, ás 9:00h iniciamos o novo curso. O alumnado fará a fila no mesmo sitio co curso pasado, onde será recibido pola titora do curso anterior. O alumnado de tres anos do curso pasado dirixirase á casita.
O luns 11 xa hai servizo de almorzo e xantar para quen o precise.
O listado do material será comunicado polo profesorado nas aulas e publicado na web a partir do luns.
INFORMACIÓN PARA AS NAIS E PAIS DO ALUMNADO NOVO DE TRES ANOS.
O xoves 7 de setenbro ás 16:00h terá lugar a reunión inicial coas titoras dos tres grupos. Esperámosvos na casita de tres anos!!!