O CENTRO |
PATIOS DIVERSIFICADOS INTEGRADOS
Comezamos a andaina da renovación do patio do colexio coa proposta plástica de plasmar ao escritor lucense, Luís Pimentel, que dá nome ao noso centro, realizada por un exalumno, o xa de sobra coñecido graffiteiro tamén da nosa capital, Diego AS.
O patio escolar é un espazo onde o alumnado pasa moitas horas relacionándose, desenvolvendo as súas habilidades sociais e emocionais; pero tamén un lugar onde se crean conflictos, moitas veces orixinados polas actividades que alí se desenvolven como poden ser os xogos de competición con pelotas ou balóns. Isto trae como consecuencia que , ás veces, se reproduzan roles, desigualdades entre nenos e nenas e mesmo se deixe de lado ao alumnado máis inactivo.
Antes de rematar este curso, queremos que o patio do colexio sexa “un espazo inclusivo para a aprendizaxe, baseada na igualdade e o respecto pola diversidade".