O CENTRO |
DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CURSO 2018-2019
DESPEDIDA DA PROMOCIÓN DO ALUMNADO DE 6º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
O día 19 de xuño celebramos a “Despedida “ do alumnado de 6º de EP. Foi un acto sinxelo e moi emotivo no que as familias dos alumnos e alumnas poideron estar con eles e elas na entrega do diploma e da foto de cada grupo cos seus profesores e profesoras.
O centro de interese foron os propios alumnos e alumnas que nos deleitaron con diversas actuacións.
Agradecemos ás familias o traballo de decoración do patio e dos pinchos que nos ofreceron ao rematar o acto.