O CENTRO |
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2018/19
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2018/19
Publícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19. (Diario Oficial de Galicia do 21 de maio de 2018).
A Orde do 9 de maio de 2018 (DOG de 21 de maio) regula:
-O fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
-As axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de EP e educación especial.
-As axudas para adquirir material escolar para alumnado de EP, ESO e EE.
Obrigas das persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias terán as seguintes obrigas:
1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18. Está excluído desta obriga o alumnado de 1º e 2º de EP e o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo a que se refire a disposición adicional segunda, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar. A falta de devolución será causa de exclusión da participación na convocatoria do curso 2018/19.
2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido ou adquirido coas axudas do curso escolar 2018/19 e devolvelos ao rematar este.
3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro no que estea matriculado o alumnado.
4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.
5. Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Presentación de solicitudes e prazo
A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2018/19. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2018/19, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2017/18. Deberase achegar coa solicitude Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables e a documentación complementaria recollida no Artigo 12 da mencionada Orde.
- O prazo comenza o 22 de maio e rematará o 22 de xuño de 2018.
Transparencia e bo goberno
De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15.2.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario publicarase no taboleiro de anuncios e/ou páxina web do centro docente, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.
Adquisición dos libros de texto e do material escolar
As persoas beneficiarias, unha vez que estean en posesión do vale, poderán adquirir o material e os libros de texto que son obxecto de axudas no establecemento da súa elección.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
informacion familias.pdf | 719.14 KB |
DOG orde 9 maio 2018.pdf | 988.33 KB |
librerias incluidas no programa LUGO.pdf | 5.04 KB |
solicitude_anexos_i_e_ii.pdf | 2.02 MB |