O CENTRO |
RESERVA DE PRAZA NO IES ANXEL FOLE – Curso 2018/19
Información ás familias do alumnado de 6º de Primaria:
Iniciado o proceso de admisión para o vindeiro curso 2018/19, o alumnado matriculado neste centro en 6º de Educación Primaria que desexe realizar os estudos de 1º de ESO no centro de adscrición, o IES Anxel Fole, deberá cumprimentar o Anexo I e presentalo no CEIP Luis Pimentel ou por calquera dos procedementos abaixo indicados, antes do día 15 de febreiro de 2018.
O CEIP Luis Pimentel trasladará ao IES Anxel Fole as solicitudes de reserva de praza o día 15. Quen teña reservada a praza no centro de adscrición non poderá presentar solicitude noutro centro agás que renuncie por escrito no propio IES Anxel Fole antes do día 1 de marzo.
O alumnado que teña praza reservada deberá formalizar a matrícula no prazo e forma establecidos no propio instituto.
CENTRO DE ADSCRICIÓN
IES ANXEL FOLE
Rúa Angelo Colocci s/n
27003 LUGO
982870991
SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (1-15 de febreiro)
·
Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar.
·
Esta solicitude poderán efectuala mediante un formulario normalizado, dun dos seguintes xeitos:
a)
Entregando no centro solicitado en primeiro lugar o Anexo I, que pode recoller gratuitamente no centro ou ben descargar dende a páxina web da Consellería.
b)
A través da sede electrónica da Xunta de Galicia:
c)
A través da aplicación web “admisionalumnado”:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
·
A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.
·
A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
·
A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.
NORMATIVA REGULADORA
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)
Ligazón:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.pdf
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)
Ligazón:
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.(DOG 1 de febreiro de 2017)
Ligazón:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ed550a-g.01 NOVO ANEXO.pdf | 636.55 KB |
reserva praza IES.pdf | 693.12 KB |