O CENTRO |
ACLARACIÓN Á LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO
A Consellería de Educación fai hoxe a aclaración seguinte:
A listaxe provisional reflicte o reparto de libros existentes no fondo do centro.
De non ser suficientes para atender á totalidade do alumnado con dereito a recibilos, realizarase unha adxudicación complementaria.
Na listaxe provisional de ADMITIDOS aparecen solicitudes en branco por non dispoñer o centro de libros suficientes para un primeiro reparto, pero están admitidas, recoñocéndose o seu dereito a recibir libros do fondo.
As solicitudes en branco NON TEÑEN QUE PRESENTAR RECLAMACIÓN porque están admitidas.
As solicitudes EXCLUÍDAS poden presentar reclamación e aportar documentación se consideran que reúnen os requisitos necesarios.
PRAZO DE RECLAMACIÓNS: martes 5 e mércores 6 de xullo de 10:00 a 13:00 horas na secretaría do colexio.
Unha vez publicadas na web as listaxes definitivas a Consellería realizará unha adxudicación complementaria outorgando os libros que corresponden ás persoas admitidas e que aparecen en branco.