Skip to Content

blogue deadmin

INICIO DE CURSO

BENVIDA AO CURSO 2018/2019

O novo Equipo Directivo formado por:

Mª Teresa Trigo Quiroga, directora; Mónica López Álvarez, xefe de estudos e Ángela Lence Paz, secretaria, dá a benvida a toda a Comunidade Educativa do CEIP Luis Pimentel para o curso 2018/19.

Material Escolar para o curso 2018/2019

Adxúntase a lista de material para o curso 2018/2019.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2018/19

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2018/19

 

Publícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19. (Diario Oficial de Galicia do 21 de maio de 2018).

 

A Orde do 9 de maio de 2018 (DOG de 21 de maio) regula:

-O fondo solidario de libros de texto para 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. e  1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

-As axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de EP e educación especial.

-As axudas para adquirir material escolar para alumnado de EP, ESO e EE.

 

Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias terán as seguintes obrigas:

1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18. Está excluído desta obriga o alumnado de 1º e 2º de EP e o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo a que se refire a disposición adicional segunda,  sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar. A falta de devolución será causa de exclusión da participación na convocatoria do curso 2018/19.

2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido ou adquirido coas axudas  do curso escolar 2018/19 e devolvelos ao rematar este.

3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro no que estea matriculado o alumnado.

4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

5. Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

Presentación de solicitudes e prazo

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2018/19. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2018/19, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2017/18. Deberase achegar coa solicitude Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables e a documentación complementaria recollida no Artigo 12 da mencionada Orde.

  • O prazo comenza o 22 de maio e rematará o 22 de xuño de 2018. 

 

Transparencia e bo goberno

De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15.2.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario publicarase no taboleiro de anuncios e/ou páxina web do centro docente, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

 

Adquisición dos libros de texto e do material escolar

As persoas beneficiarias, unha vez que estean en posesión do vale, poderán adquirir o material e os libros de texto que son obxecto de axudas no establecemento da súa elección.

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

PROBAS DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA

 

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2018,  da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2017-18. (DOG do 26 de abril)

 

CAL É A SÚA FINALIDADE?

Comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

Ten carácter informativo e orientador.

 

A QUEN SE APLICARÁN?

Esta avaliación terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado de terceiro curso. 

 

QUE COMPETENCIAS SE AVALÍAN?

- competencia en comunicación lingüística,

- competencia matemática.

 

EN QUE CONSISTEN AS PROBAS?

Estarán constituídas por:

-Cadernos de alumnado para cada unha das competencias

-Cuestionarios de contexto para o alumnado e as súas familias

 

Os cuestionarios de contexto realizaranse preferentemente en formato dixital, sen prexuízo de que as familias o poidan realizar en formato papel.

 

CANDO SE FARÁN?

Os días 23 e 24 de maio de 2018.

 

INFORME DE RESULTADOS.

Recibiranse no centro un informe individual de resultados de cada alumno/a, de carácter informativo e orientador, que se entregará ás familias.

Distribuir contido


by Dr. Radut