PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2021-2022.
As listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido estarán expostas no taboleiro interior do centro dende o día 14 de maio ás 14:00 horas.
Tamén poderán acceder ás listaxes a través da aplicación "admisionalumnado" empregando a chave 365 ou certificado dixital.
Nota: O alumnado admitido debe formalizar a súa matrícula do 20 ao 30 de xuño (ambos inclusive) na secretaría do centro, onde se lles facilitará a documentación necesaria.
EXPOSICIÓN VIRTUAL DA XXVII SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS.
A AGRICULTURA EN GALICIA E OUTRAS ACTIVIDADES RELACIONADAS.
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, vense promovendo desde fai anos a realización dunha exposición arredor dun tema central, coincidindo coa Semana Cultural das Letras Galegas. Este ano, debido ás limitacións impostas pola COVID-19, optouse por levala a cabo de forma virtual a través da páxina web do colexio.
Os traballos realizados polo alumnado no Día Internacional da Muller, podedes velos no enlace de " Actividades Complementarias e extraescolares", á dereita da páxina, ou picando Aquí.
Damos a benvida a todas as familias quequeiran achegarse a coñecero noso colexio, o CEIP Luís Pimentel, que o próximo curso escolar tamén poderá ser o voso.
Este ano, por mor da COVID-19, a visita non pode ser presencial; pero as nosas compañeiras de Educación Infantil preparáronvos este vídeo onde poderedes ver de forma virtual o colexio dos vosos fillos e fillas se optades por matriculalo ou matriculala aquí.
Esperamos que gocedes coa visita.
Para responder algunhas das vosas posibles preguntas, podedes ler o documento que aparece no arquivo.
Se tedes algunha dúbida tamén podedes chamar ao teléfono do colexio, mandar uncorreo ou visitar a nosa páxina web.