Skip to Content

Blogues

CAMIÑO ÁS AULAS

O luns 17 de abril, dará comezo o programa Camiño ás Aulas, organizado polo Concello de Lugo. Tedes toda a información no  arquivo adxunto.

ADMISIÓN 2023/2024

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2023/2024

Normativa reguladora do procedemento de admisión.

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (DOG núm. 29, de 11 de febreiro).

ORDE da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o decreto e se regula o procedemento de admisión do alumnado (DOG núm. 218, de 8 de novembro).

a) Postos escolares ofertados

E. Infantil 3 anos.... 75 (9 reservados para alumnado con NEE)

E. Infantil 4 anos...... 2

E. Infantil 5 anos.....  10

1º E. Primaria........... 0

2º E. Primaria........... 0

3º E. Primaria........... 4

4º E. Primaria........... 1

5º E. Primaria........... 0

6º E. Primaria........... 2

b) Prazo de presentación das solicitudes de admisión:

• Do 1 ao 20 de marzo ás 14:00 horas.

No caso de facela a través da sede electrónica, é todo o día.

c) Documentación a presentar:

- Entrega de solicitudes (Anexo II e Anexo II bis) modelo ED550B, no centro elixido en primeiro lugar.

- Fotocopias do libro de familia, copia do convenio regulador ou resolución xudicial e divorcio ou separación (de ser o caso), documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas e DNI/NIE do/a alumno/a e dos país/nais ou titores/as.

- No caso de separación ou divorcio a solicitude ten que vir asinada polos dous proxenitores (agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade)

- Certificado de matrícula do centro de procedencia (no caso de alumnado escolarizado que proveña doutro centro.

d) Nota informativa:

1º. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. O alumnado que teña garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad-misión noutro distinto deberá comunicar previamente e por escrito a o centro no que ten praza reservada a renuncia á súa reserva ata o 28 de febreiro.

e) Procedemento

As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección do centro, realizaranse:

a) Recollendo o formulario Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) gratuitamente no centro educativo e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

b) Descargando a solicitude da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, na dirección https://www.xunta.es/portada e da páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na dirección https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacióneadmision e entregándoo no centro solicitado en primeiro lugar.

c) Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisión alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

Observacións:

-Folla nº 2 do Anexo II: indicar se o alumno presenta necesidades específicas de apoio educativo. Neste caso, achegar documentación que acredite as circunstancias alegadas.

-Folla nº 3: Os solicitantes deberán consignar os datos numéricos da “Puntuación”.

-Folla nº 4: Sinatura de calquera dos titulares da patria potestade. No caso de separación/divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída con carácter exclusivo a un deles. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para ser cotexada polo centro.

-Folla nº 5 do Anexo II: Sinatura de todos os declarantes da unidade familiar para a consulta electrónica automatizada dos datos. En caso de non autorizar, deberá indicarse e achegar ao centro a documentación correspondente.

f) Documentación xustificativa

Se compre baremar, deberán presentar presencialmente no centro a documentación xustificativa do 21 de marzo ao 11 de abril, ambos inclusive.

g) Publicación das listaxes provisionais de admisión.

• 25 de abril ás 14:00 hs. (nos taboleiros do centro)

h) Reclamacións ás listaxes provisionais

• 5 días hábiles a partir do seguinte á súa publicación (do 26 de abril ao 3 de maio, inclusive)

i) Publicación das listaxes definitivas

• 15 de maio ás 14:00 hs. (nos taboleiros do centro)

Reclamación á listaxe definitiva de admitidos e non admitidos: Recurso de alzada ante a Xefa Territorial no prazo de 1 mes dende o día seguinte á publicación.

j) Prazo para formalizar a matrícula

• Do 20 ao 30 de xuño

k) Centro de secundaria de adscripción:

• IES Anxel Fole.

l) Área de influencia do centro e limítrofes

• Ver relación de rúas da zona de influencia.

• Está exposta na secretaría e na web co centro

m) Servizos complementarios:

• Servizo de almorzo e comedor escolar por catering, xestionado polo Concello (Programa Unha Escola Aberta).

• Horario: Almorzo de 7,30 a 9,00 h.

• Comedor: de 14:00 a 16:00 h.

• Estes servizos teñen custe económico.

• Actividades extraescolares (de carácter voluntario) en horario de tarde: de luns a venres de 16:00 a 18:00

*Criterio complementario aprobado polo CEIP Luis Pimentel: 1 punto a aqueles solicitantes que teñan irmáns/irmás matriculados/as no centro. A acreditación deste criterio farase de oficio polo centro empregando a propia solicitude de admisión.

*As familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática admisionalumnado (https://edu.xunta.gal/admisionalumnado) utilizando o código da solicitude e o DNI da persoa solicitante.

*Se o solicitante escolle a notificación electrónica como medio de notificación preferente, a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade notificaralle os actos e trámites da súa competencia a través do sistema de notificación electrónica de Galicia Notific@ (https://notifica.xunta.gal)

*Poden atopar o Proxecto Educativo do centro na páxina web do colexio. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipluispimentel/?q=system/files/PEC%20...

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro xoves 9 de febreiro ás 18:30 horas, celebrarase unha xornada de portas abertas para que poidades vir a coñecer o noso centro. Faremos un percorrido polas instalaciós e estaremos encantadas de resolver as vosas dúbidas.

Para poder asistir será necesario apuntarse previamente chamando por teléfono ao 982 212 469 ou mandando un correo a ceip.luis.pimentel@edu.xunta.gal

ESPERÁMOSVOS

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

O  CONSELLO ESCOLAR, é un Organo Colexiado de gran importancia para a comunidade educativa, polo tanto pregámoslles o máximo interese e participación nestas eleccións, tanto presentando a súa candidatura como acudindo a votar ao colexio o día da votación.

Unha vez celebrada a xornada de votacións, está dispoñible no taboleiro do Centro o resultado das eleccións a Consello Escolar.


Máis información nos arquivos adxuntos:

  • Circular informativa I
  • Publicación da Convocatoría do sector nais/pais
  • Modelo de candidatura para o sector nais/pais
  • Candidaturas nais/pais
  • Circular informativa II

AMPLIACIÓN AXUDAS FONDO SOLIDARIO 2022-2023

A consellería aprobou unha ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022 a favor das persoas que xa foron beneficiarias do cheque de 50€.

A axuda é de 25€ adicionais ata acadar un importe total de 75€.

Destinatarios: alumnado que xa foi beneficiario de axuda por importe de 50€ para adquirir material escolar para o curso 2022-23.

Recollida de vales: a partir do día 17. O martes 18 tamén en horario de 16 a 18 horas.

O novo vale deberá de empregarse preferentemente na libraría antes do 1 de decembro do 2022.

Poden atopar a normativa no ficheiro adxunto

INICIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Hoxe dia 13 de outubro comezan as actividades extraescolres da ANPA e do concello. Nos dous adxuntos tedes información sobres ditas actividades.

Distribuir contido


by Dr. Radut