Skip to Content

VISITANDO O ESPAZO

O alumnado de 3º curso representa de xeito simbólico un Sistema Solar!

Toda unha obra de arte!. Podedes gozar del no vestíbulo do edificio principal do colexio

Tentade collelo...É inalcanzable.

   

  

 

 

SEMANA ESCOLAR DA ÁRBORE E DA AUGA 2019

O alumnado do centro participou na Semana Escolar da Árbore e da Auga.

Os nenos e nenas de Educación Infantil pecharon dita semana plantando un bidueiro ao que puxeron por nome "Arco Iris"

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O tema deste Día é:

"Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio". 

 

ENTROIDO 2019

 

Este ano o Entroido xira en torno á temática escollida polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística: O Medio ambiente.

Trátase de que consignas e disfraces sexan elaborados con materiais de refugallo ou de reciclaxe. O tema das comparsas será unha chiscadela á protección do Medio ambiente.

A semana ábrese coa primeira consigna: algo elaborado cunha pinza e péchase o venres co desfile de disfraces a partir das 12:15 horas.

Pola tarde haberá o Festival de Entroido da ANPA.

O claustro de profesores dá as grazas ás familias pola súa colaboración.

Podedes ver máis se picades no enlace da Biblioteca que está a vosa esquerda.

 

Fin de festa: O desfile

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O CEIP Luís Pimentel invita ás familias que desexen visitar o centro con vista á nova matrícula o mércores, día 20, ás 18:15 horas.

Confirmar a asistencia no teléfono 982 212 469.

Distribuir contido


by Dr. Radut