Skip to Content

CONTACONTOS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe o alumnado de Educación Infantil pasouno en grande coa actuación da contacontos Nuria García, de Zaragoza. 

LUGO MÁXICO

O día 8 de maio, a maga Martilda visitou ao alumnado de 4º,5º e 6º de Educación primaria que gozou moito coa súa actuación.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os vindeiros días 28 e 29 de maio, terá lugar a avaliación individualizada de 3º de Educación Primaria prevista no artigo 12.7 do Decreto  105/2014 que establece o currículo da LOMCE de Galicia. Esta avaliación terá carácter informativo e orientador para o alumnado e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.

AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA NOS CENTROS

O Real decreto lei 5/2016, do 9 de decembro, establece que ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación, a avaliación de educación primaria recollida no artigo 21 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, será considerada mostral e terá finalidade diagnóstica. Aplicarase ao alumnado matriculado en sexto de educación primaria nos centros docentes seleccionados para formar a mostra.

A aplicación das probas naqueles centros seleccionados realizarase os días 28 e 29 de maio de 2019.

De momento, non se sabe que centros están seleccionados.

 

MICKEY E MINNIE MOUSE NO C.E.I.P LUIS PIMENTEL

O venres, pechando a Semana do Libro, os personaxes de Disney Mickey e Minnie Mouse visitaron a Biblioteca do colexio para contarlles o conto

 "A máxica rosa azul"

 

Para ler máis

 

 

 

 

 

 

 

 ______________________________________

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut