RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2016-17.
CAL É A SÚA FINALIDADE?
Esta avaliación terá carácter mostral e unha finalidade diagnóstica.
A QUEN SE APLICARÁN?
Aplicarase ao alumnado matriculado en sexto curso de educación primaria nos centros docentes seleccionados para formar a mostra.
Mediante comunicado da Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, o CEIP Luis Pimentel “foi seleccionado aplicando criterios estatísticos para formar parte da mostra”.
QUE COMPETENCIAS SE AVALÍAN?
- competencia en comunicación lingüística,
- competencia matemática
- competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
EN QUE CONSISTEN AS PROBAS?
Estarán constituídas por:
-Cadernos de alumnado para cada unha das competencias
-Cuestionarios de contexto para o alumnado e as súas familias
Os cuestionarios de contexto realizaranse preferentemente en formato dixital, sen prexuízo de que as familias o poidan realizar en formato papel.
CANDO SE FARÁN?
Os días 23 e 24 de maio de 2017.