INICIO DAS ACTIVIDADES DO CURSO 2023-2024
Tríptico informativo de 5º nivel de primaria.
Tríptico informativo de 6º nivel de primaria.
Presentación das materias de 5º nivel:
Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Música, Lingua Estranxeira (Inglés), Relixión Católica, Plástica, Educación Física, Valores Sociais.
Presentación das materias de 6º nivel:
Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Música, Lingua Estranxeira (Inglés), Educación Física, Relixión Católica, Plástica, Valores Sociais.
Proxecto Edixgal.
O alumnado, profesorado e familias participantes nesta iniciativa dispoñen dunha serie de elementos, que lles permiten desenvolver un ensino dixital: aulas dixitais, equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal, un entorno virtual de aprendizaxe, variedade de contidos dixitais, programas de formación, ferramentas de intercomunicación e colaboración.
No seguinte enlace, pódese ver toda a información para as familias participantes no proxecto. É de destacar a infomación sobre o servizo de seguro opcional para o portátil (páxina 6 do folleto que se pode descargar desde aquí).
Neste espazo subiremos as actividades que se desenvolvan durante o curso 2023-2024 por parte do alumnado deste ciclo.
Aqui podedes ver unha mostra de obxectos deseñados e impresos polo alumnado do ciclo para a súa venda no mercadiño solidario do mes de decembro.
Entre as actividades do Club de Ciencia temos:
Empezamos no mes de novembro con algúns experimentos, e, no mes de decembro, adicamos unha semana á ciencia igualitaria.
Mais abaixo podedes ver algunhas das actividades, pero aqui tedes unha recompilación de todas elas.
Estivemos vendo e coñecendo o interior dun ser humano gracias á aplicación Virtuali-tee.
Propuxemos un reto aos participantes no Club de Ciencia:
- Poderíamos inflar un globo sen soplar?
Aqui temos a resposta:
Durante o curso fixemos unha chea de experimentos, no marco do Club de Ciencia. Aqui tedes algunha fotos.
Buscamos o ADN nun plátano.
Empregamos a impresora 3D para a realización de diferentes actividades do colexio, e tamén realizamos varios obradoiros de Tinkercad para que o alumnado deseñase as súas propias producións.