Curso 16- 17
Curtocircuito
Enviado por admin o Xov, 10/06/2016 - 00:00O martes, día 4 de outubro, o alumnado acudiu á proxección de seis curtometraxes de diferentes nacionalidades no teatro Principal , destinados ao público infantil, no festival internacional de cine “Curtocircuito”.
Disfrutaron da boa calidade das animacións e reflexionaron cos valores que cada un deles trasmitía.
EDUCACIÓN VIARIA
Enviado por admin o Mér, 10/05/2016 - 00:00O luns, 3 de outubro o alumnado de cuarto asistiu á sesión didáctica impartida no centro por membros da policía local, na que se intenta desenvolver no alumnado o sentido da responsabilidade respecto á súa participación no tráfico cómo peóns e usuarios de vehículos e conciencialos sobre a peligrosidade que supón a infracción das normas. A continuación fixemos un circuito práctico polas cercanías do colexio para poner en práctica o aprendido .Foi moi ameno e proveitoso para todos!
Unha enxeñeira ou científica en cada cole
Enviado por Anónimo o Lun, 10/03/2016 - 13:11O alumnado de 5º e 6º de primaria, participou no proxecto " Unha enxeñeira ou científica en cada cole", participando en distintos obradoiros impartidos por científicas, enxeñeiras, investigadoras que acercaron o seu traballo ao noso alumnado.
"Falando cos superordenadores" obradoiro no que participou 6ºB. Relatoras: Natalia Costas, Carmen Cotelo e Mª José R. Malmierca.
"Xogando coa luz", obradoiro no que participou 6ºA. Relatoras:Mª del Carmen Bao Varela e Mª Teresa Flores Arias.
"Informática visual aplicada á bioloxía"obradoiro no que participou 5º A. Relatoras: Eva Cernadas García.
"Buscando estrelas"obradoiro no que participou 5ºB. Relatora: Josefina F. Ling