POR UNHA CIDADE MÁIS SOSTIBLE

O alumnado de 5º e 6º do CEIP López Ferreiro participou, xunto co doutros centros de Compostela, na Marcha Ciclista Escolar, organizada pola Policía Local da cidade.

O obxectivo era fomentar o uso da bicicleta para os desprazamentos, ademais de pór en práctica as nocións traballadas de educación vial.

A xulgar pola ledicia que amosaron as e os participantes, parece que estes propósitos están cumpridos!