Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 Informámoslles que dende o día 20 de maio e ata o 19 de xuño de 2020 está aberto o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e de solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Pode consultarse toda a información ao respecto na Orde do 12 de maio de 2020 (DOG 19/05/2020).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica na aplicación "fondolibros" e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Tamén se poderá presentar o Anexo I e II co resto da documentación necesaria presencialmente na secretaría do centro en horario de 09:30 a 13:00 horas.

 A solicitude pode descargarse no seguinte enlace: Anexo I e II; tamén está dispoñible no portal educativo (http://www.edu.xuntal.gal), nas dependencias da xefatura territorial de educación ou na sede electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.gal. Tamén podedes recoller unha copia no centro.

 O alumnado de 6º curso deberá entregar a solicitude no IES no que teña obtido praza para o curso 2020/2021

 Ante calquera dúbida ou consulta, póñanse en contacto connosco, a través do teléfono do centro