FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (DOG do 21 de maio de 2018)
A Consellería ven de publicar a Orde do 9 de maio de 2018 (DOG 21 de maio) pola que se regula o Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
O alumnado matriculado en cursos incluídos no E-DIXGAL no curso 2018/19 está excluído da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para material escolar e á establecida para alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOalumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º,2º,3º e 4º de educación secundaria obrigatoria no vindeiro curso escolar.
Contía das axudas:
Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € |
6 libros |
Alumnado con renda per cápita familiar entre 5.400 € e 9000 € |
4 libros |
Alumnado tutela Xunta ou discapacidade superior ao 65% |
6 libros |
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTOalumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria no curso 2018/19.
Contía das axudas:
Renda per cápita igual ou inferior a 5400€ |
170€ |
Renda per cápita superior a 5400€ e inferior a 9000€ |
90€ |
Para o alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% |
250€ con independencia da renda. |
Para o alumnado en situación de garda ou tutela da xunta |
contía máxima con independencia da renda. |
AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR Alumando matriculado en Educación Primaria e en ESO con renda
per cápita igual ou inferior a 5400€.
Contía das axudas
A contía da axuda será 50€.
A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2018/19.
Poderá PRESENTARSE no centro educativo ou a través da Sede Electrónica da Xunta.
En todo caso, os documentos deben ser válidos no momento da presentación e reflectir a situación familiar e económica a 31/12/2016.
A DOCUMENTACIÓN DEBERÁ PRESENTARSE XUNTO CO ORIXINAL PARA O SEU COTEXO NO CENTRO EDUCATIVO.
Prazos
Ø Entrega de solicitudes: ______ata 22 de xuño
Ø Entrega de libros curso 2017/18 ______ata 22 de xuño
Ø Prazo para gravar solicitudes e devolucións _____ata o 2 de xullo
Ø Publicación listaxes provisionais _______4 de xullo
Ø Prazo pra reclamar as listaxes provisionais ______5 e 6 de xullo
Ø Prazo para gravar reclamacións _______ ata o 10 de xullo
Ø Publicación das listaxes definitivas ______11 de xullo
Nota: O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2018/19, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso actual.
Poden descargar a solicitude e consultar toda a información nos arquivos adxuntos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CIRCULAR 2018 fondolibros.pdf | 593.78 KB |
formulario fondolibros 2018.pdf | 1.1 MB |
DOG_ fondolibros2018.pdf | 1.13 MB |