ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

O plan de actividades que se está a realizar neste curso escolar  é o seguinte:

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA: 20 de novembro.

MAGOSTO E O SAMAÍN: Celebraranse nos derradeiros días de outubro e os primeiros de novembro a través de distintas actividades como son as seguintes: traballos con cabazas e froitos do outono con que se realizará unha exposición, elaboración e degustación de receitas de cociña, xogos populares, Magosto, elaboración de murais, programa de radio escolar...

DÍA UNIVERSAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: 25 de novembro.

CONMEMORACIÓN DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA: a semana do 6 de decembro.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE: 3 de decembro.

DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS: 10 de decembro.

NADAL: elaboración de postais, decoración do centro, celebración dun festival de Nadal...

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN: 24 de xaneiro.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ: 30 de xaneiro cunha actividade colectiva na que participan todo o alumnado e o profesorado.

O ENTROIDO: Para conmemorar o Entroido levaranse a cabo actividades como as seguintes: elaboración de disfraces relacionados co proxecto documental integrado anual, realización de murais, ornamentación da escola, aprendizaxe de cantigas e poemas, programa de radio escolar, obradoiro de máscaras, participación no desfile de Entroido que terá lugar en Salvaterra cos demais centros do Concello, degustación de sobremesas típicas do Entroido...

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: 23 de febreiro.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER DA MULLER: 8 de marzo.

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR: 15 de marzo.

SEMANA DE PRENSA: a segunda semana de marzo de 2025.

DÍA DAS ARTES GALEGAS: 1 de abril.

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: 7 de Abril.

SEMANA DO LIBRO: a semana do 23 de abril.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR: 2 de maio.

DÍA DE EUROPA: 9 de maio.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: a semana do 17 de maio. Nestes días levaranse a cabo actividades como as seguintes: festival das Letras Galegas con poemas, obras teatros ou contacontos, asistencia a charlas e conferencias, proxección de películas, xornada de xogos populares, exposicións...

DÍAMUNDIAL DO AMBIENTE: 5 de xuño

CELEBRACIÓNS DE FINAL DE CURSO: entrega de orlas e diplomas, visita ao IES de Salvaterra, xornada de portas abertas, festa da espuma e xogos populares.

SAÍDAS DIDÁCTICAS, LÚDICAS E SAÍDAS RELACIONADAS CO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO ANUAL

Todas as actividades e celebracións sinaladas se planifican e realizan en estreita colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, Equipo de biblioteca, equipo TIC e equipo de actividades complementarias.

Powered by Drupal - Design by artinet