Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Biblioteca

Apadriñamentos lectores abril

Apadriñamentos lectores

abril

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

23/04/2013 00:32
23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
O próximo martes, 23 de Abril, celebramos o Día Internacional do Libro. É unha conmemoración celebrada a nivel mundial para fomentar a lectura, a industria editorial e a propiedade intelectual por medio do dereito de autor.

O día 23 de Abril foi escollido como Día do Libro e do Dereito de Autor no ano 1995 pola UNESCO

(Organización das Nacións Unidas polaEducación, a Ciencia e a Cultura), pois corresponde co falecemento

dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data do

ano 1616.                                                         

                                                    


   
       

Para celebrar este acontecemento dende a Biblioteca do Masdías fixemos unha exposición de libros e xornais

escritos en distintas linguas do mundo, grazas á colaboración das familias e dos mestres e mestras do centro.

ANXO MOURE E O SEU CARBALLO CON BOTAS VISITARANNOS O 14 DE MAIO

14/05/2013 00:15
                           O 14 de Maio recibiremos a visita de Anxo Moure, autor dos  CONTOS NA CASA DAS ÁRBORES e narrador de historias. Vai a vir a presentarnos O CARBALLO CON BOTAS , o protagonista dun dos  seus libros. 
                                                          
Na Biblioteca podedes atopar este mural sobre o conto para que o vaiades coñecendo.

 PARA SABER MÁIS SOBRE ESTE CONTACONTOS PREMEDE NA  IMAXE:


 

PROXIMA VISITA DE ANXO MOURE E DO CARBALLO CON BOTAS

Para ver esta e outras novas da BIBLIOTECA premede aquí.

2 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O 2 de Abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Facémolo dende 1967, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, e celebrámolo para promocionar os bos libros infantiles e xuveniles, así como a lectura entre os máis novos/as.

 Este escritor e o autor de contos tan coñecidos como:

- O parruliño feo.

- A sereiña.

- O traxe novo do emperador.

- O soldadiño de chumbo.

- A princesa e o chícharo.

- A raiña das neves.

 

E moitos máis!!!

DÍA DA ÁRBORE E A POESÍA

PREMEDE AQUÍ PARA ACCEDER Á NOTICIA DESTA CELEBRACIÓN.

                        

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este 8 de marzo, para conmemorar este día tan especial unha compañeira de 6º de primaria, que foi tamén a máis lectora do primeiro trimestre, Noa Moreira, leunos no salón de actos da escola o conto de Iriña a Bailarina mentres viamos a proxección do mesmo. Nesta ligazón podedes acceder á noticia completa e descargar esta proxección do conto. 


LIBROS QUE NOS ENSEÑAN A SER MÁIS ECOLÓXICOS/AS

Tamén temos nestas datas de xaneiro unha exposición sobre diversos libros da colección Os Bolechas que nos axudan a entenden a importanza de coidar o noso medio, de aforrar enerxía, de clasificar o lixo, de reulizar algúns produtos de refugallo, ... E que nos ven moi a conto dun dos proxectos anuais que temos este curso no centro o Proxecto Recíclate  con Sogama, no que podedes premer para acceder aos seus contidos.

LECTURAS PARA A PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz, por iso dende a Biblioteca vos propoñemos estas lecturas relacionadas:

   

Distribuir contido


by Dr. Radut