Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

COCIÑANDO OVOS, ÚLTIMA ACTIVIDADE DO PROXECTO DOS PITIÑOS

Aínda que levamos xa un montón de meses co proxecto dos pitiños investigando sobre os ovos, os pitiños, os galos e as galiñas, quedounos para o final unha parte fundamental: cociñar os ovos. Falamos en asemblea de que maneiras podíamos comelos e ao día seguinte fixemos tres receitas con ovos: OVOS COCIDOS, OVOS FRITIDOS E TORTILLA FRANCESA. 

A experiencia foi un éxito, encantounos cascar os ovos, batilos e cociñalos, pero sen dúbida o mellor foi comelos! que ricos estaban! Mesmo os ovos cocidos, que en realidade estaban "pasados por auga" estaban deliciosos!! (o forniño que tiñamos era de inducción e non nos recoñecía a nosa pota, así que tivemos que utilizar a tixola para fervelos...)

Aquí tendes algunhas fotos:

 

 

 



page | by Dr. Radut