Skip to Content

NOVAS VIAXES DO PROXECTO EUROPEO NO QUE PARTICIPAMOS, ERASMUS +, A CARDIFF (GALES) E A VARSOVIA (POLONIA)

O curso pasado comezamos a participar no programa europeo Erasmus + para compartir experiencias e mellorar a integración das familias dentro da escola. Neste programa participamos varios colexios de Ferrol con outras escolas de Cardiff, en Gales, e Varsovia, Polonia, dado que somos centros educativos de alumnado e familias con rasgos similares.

O curso pasado algúns mestres da escola visitaron escolas nestas dúas cidades europeas e este curso repetimos visita a Cardiff en outono con Sandra, a titora de 3º de primaria e tamén xefa de Estudos: 

 

E a Varsovia durante o inverno con Óscar, titor de 5º de primaria e director do centro: 



page | by Dr. Radut