Skip to Content

APADRINAMENTOS LECTORES

 

Esta actividade xurdiu para a celebración do día da biblioteca escolar (24 de outubro).

Dividimos ao alumnado do centro en dous grupos, "os maiores" de 3º a 6º de primaria serían os padriños ou madriñas lectores/as e "os pequenos" de Educación infantil e 1º ciclo de primaria serían os afillados/as.

Cada padriño ou madriña debería preparar a lectura dun conto para lerllos ao seu afillado/a na "Hora de ler" do 25 de outubro.

Nese día, e xa emparellados, buscarán un recuncho do colexio onde gozar xuntos da lectura.

A experiencia resultou tan bonita que, a petición dos propios nenos/as e coa colaboración dos mestres/as implicados, decidimos continuala ao longo deste curso. Todos os últimos venres de mes continuamos esta actividade.

  



page | by Dr. Radut