Skip to Content

PROCESO DE ADMISION DO ALUMNADO CURSO 2013/2014

O alumnado matriculado no centro ten garantida a súa permanencia, o proceso de admisión do alumnado curso 2013/2014 está dirixido ao alumnado matriculado noutros centros e que desexe cambiar a outro centro e ao alumnado que solicite posto escolar por primeira vez.

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2013/2014

Reserva de praza

Do 18 ao 22 de marzo

Sorteo público desempate

22 de marzo

Publicación vacantes

4 de abril

Presentación solicitude de admisión

Do 5 ao 17 de abril

Presentación documentación xustificativa

Do 22 de abril ao 3 de maio

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

 

* Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación

Até o 10 de maio

Publicación das listaxes definitivas

Antes do 31 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

Do 20 ao 30 de xuño

 

i NOTA INFORMATIVA i 

 

·         Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 

·         O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

·         O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

 

 

Normativa reguladora do procedemento de admisión:

Decreto 254                Orde do 12 de marzo do 2013              

 Se queres descargar a solicitude:

Anexo II



page | by Dr. Radut