Eventos
23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO |
O próximo martes, 23 de Abril, celebramos o Día Internacional do Libro. É unha conmemoración celebrada a nivel mundial para fomentar a lectura, a industria editorial e a propiedade intelectual por medio do dereito de autor. |
O día 23 de Abril foi escollido como Día do Libro e do Dereito de Autor no ano 1995 pola UNESCO (Organización das Nacións Unidas polaEducación, a Ciencia e a Cultura), pois corresponde co falecemento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data do ano 1616.
|
Para celebrar este acontecemento dende a Biblioteca do Masdías fixemos unha exposición de libros e xornais escritos en distintas linguas do mundo, grazas á colaboración das familias e dos mestres e mestras do centro.
|
|
|
O 14 de Maio recibiremos a visita de Anxo Moure, autor dos CONTOS NA CASA DAS ÁRBORES e narrador de historias. Vai a vir a presentarnos O CARBALLO CON BOTAS , o protagonista dun dos seus libros. |
Na Biblioteca podedes atopar este mural sobre o conto para que o vaiades coñecendo. |
PARA SABER MÁIS SOBRE ESTE CONTACONTOS PREMEDE NA IMAXE:
|