Skip to Content

Responder ó comentario

6º DE INFANTIL: OBRADOIRO DE DISFRACES COAS FAMILIAS

Por mor do noso Proxecto Anual de Centro, CÓDIGO 3R, este entroido os nenos e nenas do Masdías ímonos disfrazar de COLECTORES DO LIXO para a clasificación do mesmo e favorecer, así, a súa posterior reciclaxe. O ciclo de Infantil escollimos disfrazarnos do COLECTOR AMARELO, PLASTICHÍN para a nosa clase de 5-6 anos. Por iso o noso traxe ten que levar o tipo de materiais que botamos neste colector, a saber: bolsas de plástico, bricks, latas, botellas de plástico, papel de aluminio, envases de chocolatinas, bolsas de galletas, de patacas fritidas, ... Así que puxémonos a pensar nenos/as, mestras e familias e fixemos un deseño que quedou bastante colorista.

Na nosa clase contamos coa inestimable colaboración de moitas familias que se achegaron o martes 5 de febreiro, pola tarde e o xoves 7 pola mañá a un Obradoido de Disfraces no que nais e nenos/as elaboraron os traxes de toda a clase. Foi unha experiencia, penso eu, moi divertida para todos e todas.

Moitísimas grazas pola vosa participación!

Aquí tendes as fotos da experiencia. Nestas fotos hai persoas que participaron pero non saen nas mesmas, as miñas desculpas por non ter sacado as fotos antes de que tiveran que marchar. 

Responder



by Dr. Radut