Skip to Content

Responder ó comentario

6º de INFANTIL: VISITAS Á BIBLIOTECA DO CENTRO

Este curso o préstamo de libros de cada semana farémolo dende a BIBLIOTECA DA ESCOLA. Todos os venres despois do recreo imos á biblioteca. Ao principio íamos a explorar, a coñecela mellor, a ver como funciona,... Escollíamos un libro e o "mirábamos" en silencio (ou case). Logo o cambiábamos cos compañeiros. Finalmente facíamos unha votación e líamos en alto un ou dous dos contos escollidos entre todos.

Agora imos comezar a levar os libros que escollemos para á casa. Para iso decoramos uns MARCADORES DE ESPAZO que colocaremos no lugar do libro que collemos das estaterías da biblioteca. Así cando teñamos que devolver o libro o venres seguinte saberemos exactamente onde o temos que colocar. Usando o noso número de CARNET DA BIBLIOTECA sacamos os libros que gardamos nas nosas carpetas e levamos para casa. Podemos quedar con eles ata o venres seguinte ou traelos durante a semana. Iso si, o venres debemos devolvelo, de non facelo non poderemos sacar un libro novo da biblioteca. Así iremos coñecendo o funcionamento da mesma, e, sobre todo aprenderemos o valor dos libros, o importante que é coidalos para que o seguinte compañeiro/a que queira levalo o atope no mellor estado, o gusto de explorar as ilustracións, o pracer da lectura coas nosas familias e mesmo os nosos primeiros pasos como lectores autónomos. 

 

Estamos desexando que chegue o venres para volver á nosa biblioteca!

Responder



by Dr. Radut