Skip to Content

Curso 2010-2011, Actividades, Primeiro ciclo, Segundo Ciclo, Biblioteca, Actividades, Animación á lectura, curso 2011-2012, Actividades, Educación Infantil, Primeiro Ciclo, Segundo Ciclo, Terceiro Ciclo, Música, Orientaciön, Educación Fïsica, Inglès, Biblioteca, Adiviñas, Actividades, Animación á lectura, Recomendámosche, Apadriñamentos, Curso 2012-2013, Actividades, Infantil, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Biblioteca, Música, Inglés, Plan Proxecta

Cantiga de Maio

 

CANTIGA DE MAIO

Marcapáxinas 3º Ciclo

Marcapáxinas

dos nen@s do

3º Ciclo

 

Día do Libro

Día Internacional do Libro

neste caso "musical"


 

 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

23/04/2013 00:32
23 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
O próximo martes, 23 de Abril, celebramos o Día Internacional do Libro. É unha conmemoración celebrada a nivel mundial para fomentar a lectura, a industria editorial e a propiedade intelectual por medio do dereito de autor.

O día 23 de Abril foi escollido como Día do Libro e do Dereito de Autor no ano 1995 pola UNESCO

(Organización das Nacións Unidas polaEducación, a Ciencia e a Cultura), pois corresponde co falecemento

dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data do

ano 1616.                                                         

                                                    


   
       

Para celebrar este acontecemento dende a Biblioteca do Masdías fixemos unha exposición de libros e xornais

escritos en distintas linguas do mundo, grazas á colaboración das familias e dos mestres e mestras do centro.

ANXO MOURE E O SEU CARBALLO CON BOTAS VISITARANNOS O 14 DE MAIO

14/05/2013 00:15
                           O 14 de Maio recibiremos a visita de Anxo Moure, autor dos  CONTOS NA CASA DAS ÁRBORES e narrador de historias. Vai a vir a presentarnos O CARBALLO CON BOTAS , o protagonista dun dos  seus libros. 
                                                          
Na Biblioteca podedes atopar este mural sobre o conto para que o vaiades coñecendo.

 PARA SABER MÁIS SOBRE ESTE CONTACONTOS PREMEDE NA  IMAXE:


 

Aprendimos con Gloria a facer xabón.

Xa facemos xabón co aceite usado! Sabemos o contaminante que é o aceite. Por iso hoxe aprendimos a reutilizalo.

Visita ao Museo Xornalismus, na sede do xornal "Diario de Ferrol"

Este venres realizamos unha saida didáctica á sede do Diario de Ferrol. Fixemos o itinerario andando. No camiño nos detivemos tamén diante do monumento "10 de Marzo", para lembrar os feitos historicos que representa, e facer unha lembranza de "Mela", a avoa de Noemi de 4º curso.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ

05/04/2013 19:14
17/04/2013 19:14

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS  

Para nais e pais con nenos e nenas que se van matricular por vez primeira no vindeiro curso.                                                           

 

CEIP

MANUEL MASDÍAS                                      

      Durante o periodo aberto para matricular aos vosos fillos e fillas, gustaríanos recibirvos para que nos coñezades, vexades o noso colexio en funcionamento e exploredes as nosas instalacións.

Estarémosvos esperando en calquera momento dentro do noso horario escolar e mesmo o martes pola tarde, para todos/as aqueles/as que non podades vir pola mañá.

Teredes unha guía que vos levará a visitar os distintos espazos que conforman a nosa escola e poderedes entrar nas nosas aulas para ver como se desenvolve a vida diaria nas mesmas.

AGARDÁMOSVOS!!

As nosa portas estarán abertas para vós durante o periodo de matriculacón para o curso 2013-2014:

do 5 ao 17 de Abril 2013.

Horario:

De Luns a Venres de 9 a 14h.

Martes tamén pola tarde,

de 16 a 19h.


Novas partituras frauta II parte

Novas partituras frauta

II Parte

 

 

Sombras Chinesas

 

Rasta Star

 

Nen@s de 1º curso: Detectives do clima

Nen@s de 1º curso

DETECTIVES DO CLIMA

Distribuir contido


by Dr. Radut