Skip to Content

Infantil

19 DE NOVEMBRO: SAÍDA AO TEATRO DE NARÓN PARA VER A OBRA "GRILLOS Y LUCIÉRNAGAS"

  Iniciamos as excursións deste curso con esta saída ao Auditorio Municipal de Narón para ver esta obra teatral que a propia compañía califica deste xeito:

 

"O mundo está cheo de contrarios, o branco e o negro, a luz e a escuridade, o día e a noite. Que pasa cando se desperta a noite? Cambia a luz, cambian as cores, pero o mundo non desaparece. Hai outras luces, outros sons, que non se encontran polo día, e os soños, que nos envolven cando durmimos. Un mundo fantástico de verdade e misterio.

Imos cos ollos pechados a través da negra noite. Non teñas medo se te perdes. O durmir coida de ti e amósache o camino.

No espectáculo faise referenza ás luces e os sons da noite, é un debuxo teatral, un xogo poético entre unha muller e un home, que está adicado aos máis pequenos, ao seu asombro, a como conteñen o alento cando imos con eles a través da escuridade.

É unha proposta escénica sinxela, na que o espazo transfórmase en “espazos imaxinarios” e o xogo dos actores, nenos pero non nenos, actores pero soñadores, crea un clima intimista e acolledor… Na escenografía, os elementos son móbiles, cambiando o decorado a través do xogo dos actores. Ten moita importanza a luz que recrea a maxia da noite e nos fai vivir diferentes situacións. Esta luz non só se consegue a través da iluminación teatral, senon tamén por medio de lanternas ou bombillas que se atopan no xogo teatral. "

 

A os nosos alumnos e alumnas encantoulles, en xeral, esta obra chea de luces máxicas e sons misteriosos. Aquí tendes algunhas fotos da experiencia:


 

6º de INFANTIL: VISITAS Á BIBLIOTECA DO CENTRO

Este curso o préstamo de libros de cada semana farémolo dende a BIBLIOTECA DA ESCOLA. Todos os venres despois do recreo imos á biblioteca. Ao principio íamos a explorar, a coñecela mellor, a ver como funciona,... Escollíamos un libro e o "mirábamos" en silencio (ou case). Logo o cambiábamos cos compañeiros. Finalmente facíamos unha votación e líamos en alto un ou dous dos contos escollidos entre todos.

Agora imos comezar a levar os libros que escollemos para á casa. Para iso decoramos uns MARCADORES DE ESPAZO que colocaremos no lugar do libro que collemos das estaterías da biblioteca. Así cando teñamos que devolver o libro o venres seguinte saberemos exactamente onde o temos que colocar. Usando o noso número de CARNET DA BIBLIOTECA sacamos os libros que gardamos nas nosas carpetas e levamos para casa. Podemos quedar con eles ata o venres seguinte ou traelos durante a semana. Iso si, o venres debemos devolvelo, de non facelo non poderemos sacar un libro novo da biblioteca. Así iremos coñecendo o funcionamento da mesma, e, sobre todo aprenderemos o valor dos libros, o importante que é coidalos para que o seguinte compañeiro/a que queira levalo o atope no mellor estado, o gusto de explorar as ilustracións, o pracer da lectura coas nosas familias e mesmo os nosos primeiros pasos como lectores autónomos. 

 

Estamos desexando que chegue o venres para volver á nosa biblioteca!

6º de Infantil: O COLECTOR PARA TAPÓNS DE PLÁSTICO

Unha das primeiras cousas que imos facer na nosa escola relacionada coa RECICLAXE e recoller os tapóns de plástico nun colector de lixo especial. A nosa clase encargouse de adornar este colector. Para iso estampamos tapóns de distintos tipos e tamaños con diferentes cores. Aquí tendes o resultado:


6º DE INFANTIL: FESTA RACHADA DE OUTUBRO

En outubro celebramos o 5º aniversario de Valle e Zoe. Comemos biscoito, bebimos zumes e leite, cantamos e bailasmos, xogamos na aula e no  pavillón. Pasámolo bárbaro, coma sempre.

Moitas felicidades compañeiras!! 

 

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 

Outro ano máis os nenos e nenas de primaria se van a convertir nos nosos padriños e madriñas lectores unha vez ao mes, normalmente o último venres do mesmo.  Nestes encontros en parellas imos escoitar contos e historias maravillosas da man dos nosos compañeiros e compañeiras maiores. Na primeira sesión xa tivemos moita sorte co tempo e podemos desfrutar dunha lectura ao sol. Grazas padriños e madriñas!

LIGAZÓN Á BIBLIOTECA PARA VER AS FOTOS

6º DE INFANTIL: SEGUNDA E TERCEIRA SESIÓN NA HORTA, LIMPAMOS A NOSA LEIRA CON PAS RECICLADAS!

Como xa sabedes o ano pasado estivemos cultivando distintos produtos na nosa horta. Agora tócanos limpar e preparar de novo as leiras para poder volver a sementar. Por iso entre todos os nenos e nenas da escola puxémonos a limpar a horta, cada clase unha leiriña.

Non obstante, encontrámonos con unha dificulatade, non tiñamos pas e rastrelos para todo o mundo. Non nos preocupamos moito, pois este ano decidimos que o PROXECTO ANUAL DE CENTRO  vai ser COÑECER E PRACTICAR AS TRES R: REDUCIR, RECICLAR E REUTILIZAR e como nós xa coñecemos as tres R dende o OBRADOIRO DE MEDIOAMBIENTE do ano pasado, puxémonos asiña máns á obra coa axuda de Lupe, a mestra de 3º, que nos deu a idea: decidimos reutilizar as garrafas de deterxentes para realizar unhas pas moi coloridas. Deste xeito e, contando coa colaboración das familias, como sempre,  fixemos a nosa propia pa reciclada a partir de garrafas de plástico. Aquí podedes ver o proceso e o resultado.

Ahh!! E tamén o moito que traballamos limpando non unha, senon dúas leiras, menudo traballiño pasamos!

  E, por certo, a outra parte das garrafas as temos gardadas, estásenos ocorredo que algunhas son tan bonitas que poderían servirnos como maceta para sementar unhas plantas que nos alegren a aula...


HORA DA LECTURA E LECTURAS EN FAMILIA EN INFANTIL

 

Este ano imos iniciar dende a Biblioteca escolar e o Equipo de Educación Infantil un novo proxecto de animación á lectoescritura. Como xa sabedes as familias, todos os días, despois do recreo, xúntamonos todos os nenos e nenas de Educación Infantil para escoitar un conto da voz das nosas mestras. Este ano, ademais, van a vir as nosas familias, de vez en cando, a contarnos contos nesta hora de lectura compartida.

Menuda sorte!

6º DE EI: AS MOCHILAS VIAXEIRAS DA BIBLIOTECA DO CENTRO

 

Outro ano máis a biblioteca inciou o seu programa de fomento da lectura coas Mochilas Viaxeiras. En cada clase temos unha mochila con varios libros. No caso da mochila de 5 anos temos tres libros de contos, un deles escrito en maiúsculas e con pouco texto para irnos iniciando con vós, as familias, na lectura, pero lembrade, pouco a pouco! Ademais hai un libro de inglés e galego, para ir aprendendo algunhas palabras novas, e, por último, hai un libro de manualidades para que vos animedes a experimentar con nós, nesta ocasión é sobre o cartón e o papel maché. Por último está a libretiña onde ides apuntar o que vos pareceu a experiencia da mochila viaxeira.
Cantas ganas temos de que nos toque levala!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut