Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Curso 15-16

RECUNCHOS DURANTE O SEGUNDO TRIMESTRE

Os recunchos que máis nos gustan na nosa clase son case sempre os xogo simbólico, como A CASIÑA, OS TRENS E OS ANIMAIS E AS CONSTRUCCIÓNS. Pero neste segundo trimestre comezamos a collerlle tamén verdadeiro gusto a outros recunchos como O PROXECTO, coa información sobre OS PITIÑOS, que xa rematamos este trimestre, e tamén sobre o noso admirado PICASSO, sobre o que seguiremos investigando o resto do curso. Tamén nos gusta ir ao recuncho das LETRAS e descubrir como se escriben os nosos apelidos, facer o libro do ENTROIDO ou dos PITIÑOS, debuxar na pizarra... Sen embargo o recuncho que cada vez ten máis éxito é o de LÓXICA MATEMÁTICA: os seus xogos nos gustan a todos e a todas cada vez máis... será que o traballo nos GRUPOS INTERACTIVOS DE LÓXICA están dando os seus froitos? 

A CASIÑA

OS ANIMAIS E AS CONSTRUCCIÓNS

OS CREBACABEZAS

A BIBLIOTECA

O PROXECTO

A LÓXICA

AS LETRAS

O ORDENADOR

 

 

 

HORA DA LECTURA EN MARZO

Como xa sabedes, cada día escoitamos un conto tod@s xunt@s despois do recreo, como unha das moitas actividades do noso Plan Lector. Aquí tendes un mostra do moito que nos gusta escoitar estes contos.

XOGANDO COAS XOANIÑAS LÓXICAS

Os xogos do noso recuncho de lóxica cada vez son máis divertidos e interesantes. Primeiro xogamos todos xuntos na asemblea e despois xa podemos xogar nós sos e á nosa maneira no recuncho.  

SEMANA PROTAGONISTA DE UXÍA

O día do seu aniversario Uxía convidounos a amoras e framboesas, que ricas!!

A segunda semana de Marzo foi a súa Semana de protagonista, por iso nos trouxo un montón de tesouros para ela  para compartir con nós durante esta semana no seu recuncho especial:

O mércores desta semana a súa nai, Iria ,veu a amosarnos unha montaxe de fotos e vídeos sobre Uxía neste último ano ,gustounos moitísimo, pero o mellor foi a película de animación que Uxía fixo cos seus tíos, iso deixounos tan abraiados/as que é posíbel que intententemos nós tamén facer algunha película parecida na clase.

Tamén nos leu outro dos contos de UXÍA, Crocodilo namorado.

Despois volvimos á aula para facer Festa Rachada de Uxía. Esta vez eliximos entre tod@s facer uns bocadillos nos memos/as. Escollimos os ingredientes e cada quen compuxo a súa merenda. Riquísima! 

Despois do recreo estivemos facendo uns xogos cooperativos para continuar coa festa rachada, Felicidades Uxía!

Nós regalámoslle unha vez máis á nosa compañeira unha postal coa nosa foto e unha mensaxe persoal de cada compañeiro e compañeira para ela.

Querémoste moito Uxía!

 

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

En 3º e 4º de Primaria fixeron para conmemorar este día tan especial unha exposición coas fotos e redaccións sobre a muller máis especial das súas vidas. Merece moito a pena ler as súas impresións. Aínda faltan os traballos dalgúns alumnos e alumnas, pero os iremos poñendo neste artigo a medida que pasan a formar parte da exposición:

 

3º de Primaria

 

4º DE PRIMARIA

 

Ademais hoxe fixeron nas mesmas aulas un pastel de agradecemento para estas mulleres marabillosas, que empaquetaron e levaron á casa para entregárllelos:  

 

PROTAGONISTAS DA SEMANA: ARABIA E JADE

O 28 DE FEBREIRO ARABIA E JADE CUMPLIRON 5 ANOS, ASÍ QUE A ÚLTIMA SEMANA DE FEBREIRO E A PRIMEIRA DE MARZO FORON AS SÚAS DÚAS SEMANAS PROTAGONISTAS. TROUXÉRONNOS OS SEUS TESOUROS PARA ENSINARNOS POR QUE LLES GUSTAN TANTO OU SON ESPECIAIS PARA ELAS E COMPARTÍRONOS CONNOSCO AO LONGO DESTAS DÚAS SEMANAS. TAMÉN COÑECIMOS UN POUCO MÁIS A SÚA FAMILIA A TRAVÉS DAS FOTOS QUE AMOSAN CON FACHENDA E ILUSIÓN. MOITAS GRAZAS COMPAÑEIRAS!

TORTA DE CHOCOLATE CON NATA E FRAMBOESAS PARA CELEBRAR O 5º ANIVERSARIO DE ARABIA E JADE

 

O pasado mércores fixemos a festa rachada de Arabia e Jade que cumplen 5 anos o vindeiro domingo 28 de febreiro. Para iso fixemos no Obradoiro de Cociña unha receita que elas mesmas escolleron uns días antes: torta de chocolate con nata e framboesas (elas escolleron amorodos, pero non había no mercado, así que Laura as sustituíu por framboesas a todos/as nos gustou moito o cambio). Esta receita encheu dun arredendo estupendo toda a escola!

Como esta vez queríamos ver o efecto do fermento (levadura) que lles botamos aos biscoitos, trouxemos o forno a nosa clase e fixemos todo nela, en lugar de ir a cocinar á cociña como facemos noutras ocasións.

Primeiro probamos todos os ingredientes, que ricos estaban algúns!, logo botámolos na tarteira e os mesturamos.

Logo metemos o molde coa masa no forno e, mentres observabamos como subía, fomos batendo a nata e lavando as framboesas. Unha hora máis tarde sacamos o biscoito xa feito e algo torrado de máis por riba, demasiada temperatura! Non importou , sacamos a capa superior e deixamos o resto arrefriando.

Á volta do recreo e da hora do conto montamos a torta.

Logo prendimos as velas e lles cantamos ás xemelgas os parabens. Despois de comer un cachiño de torta pasamos o resto da mañá bailando e xogando para celebrar o cumple. Á saída algúns pais achegáronse á aula a probar a nosa receita: estaba boísima!!

EXCURSIÓN A EXPONAV, O MUSEO NAVAL, EN FERROL:

Hoxe, 25 de febreiro, fomos á terceira excursión do curso. Nesta ocasión achegámonos ao centro da nosa cidade para ver o MUSEO NAVAL chamado EXPONAV. Aquí a pirata Alba convidounos a axudala na busca do tesouro do seu tataravó o pirata Rigoberto.

Seguindo as pistas que ían aparecendo polo museo fomos coñecendo varias cousas interesantes, como o buque Magdalena, ou máis ben o pouco que queda del, que o perigo máis grande para os barcos antigos era a cociña, que un polbeiro é un barco no que se ía pescar polbos e resulta que eran negros por unha curiosa razón..., para que servían os lastres, como era un temón, onde facían as súas necesidades os navegantes, onde durmían, ... entroutras curiosidades.

Mesmo soubemos o importantes que son os barcos para a nosa cidade, o que é un estaleiro, onde se construíu o barco máis grande do mundo,... Bueno, e o que non lembremos o iremos recordondo na clase máis adiante, ao mellor de aquí nace algunha nova investigación...

Pero o mellor para moitos e moitas foi atopar o delicioso tesouro de moedas de chocolate.

 

 

Despois da merenda no museo fomos ao parque do Cantón de Molíns onde nos agardaba unha estupenda sorpresa: un barco pirata todo para nós!!

 

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN SOBRE OS PITIÑOS

NA NOSA CLASE XA TIÑAMOS GANAS DE SABER MÁIS SOBRE OS PITIÑOS, QUE É A MASCOTA QUE ESCOLLIMOS O ANO PASADO PARA A NOSA AULA, SEN EMBARGO O QUE MÁIS NOS APETECÍA DE VERDADE ERA VELOS, TOCALOS E SENTILOS EN DIRECTO, POR ISO INICIAMOS O NOSO PRIMEIRO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN CUNHA MÁQUINA QUENTIÑA E ALGO CURIOSA COA QUE APRENDIMOS UN MOTÓN E LEVAMOS MOITAS SORPRESAS. PREMENDO NA IMAXE IREDES AO ARTIGO ONDE PODEDES VER AS FOTOS DE TODO O PROCESO. 

 

Proxecto "O ovo"

Nas primeiras asembleas deste curso discutimos sobre que animal poderia ser a nosa mascota, o curso pasado tivemos vermes de seda...

Decidimos despois de moito reflexionar, que era moi complicado ter dentro da aula un ser vivo, porque a maioria necesitan compañía, ou estar libres e moitos coidados. Pero se nos ocurriu que podiamos ter un galiñeiro fora, na horta da escola. Cando nos pusimos a investigar como podiamos conseguir galiñas, apareceu a idea de crialos nós en incubadora.

A aula dos pitiños, de 5º de Educación Infantil, uniuse ao noso proxecto e mercamos unha incubadora. Chocamos nela ovos galados que trouxo unha nena da aula dos pitiños.

Controlamos a humidade e a temperatura .

Investigamos as partes do ovo.

E aos 21 dias naceu o primeiro pitiño.

A partir de aí todo foi unha aventura.

Os que estiveron na nosa aula chamamoslles Melchor, Gaspar e Baltasar.

Pesámolos para ver se estavan medrando ben. Demoslles de comer penso de engorde e auga. Tiñamoslles unha bombilla sempre acesa para que tiveran unha temperatura adecuada.

Nas vacacións de Nadal, a profe de Infantil levounos a un  galiñeiro, mentres non construimos o noso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut